22 feb 2017

4ºB infantil interpreta a Rosalía de Castro

 Os alumnos e alumnas de 4º B de infantil da Maía traballaron co algúns poemas de Rosalía de Castro e fixeron variacións sobre eles.

 
   

21 feb 2017

Información documental

 Alumnos de 6º na procura de información documental para un traballo de clase empregando os libros da Biblioteca...

18 feb 2017

EXCURSIÓN DE 6º AO PARLAMENTO E BIBLIOTECA AFUNDACIÓN

   O mércores, 25 de xaneiro os grupos de alumnos de 6º que colaboramos na Biblioteca fomos ao Parlamento de Galicia. Chegamos ás 10:30 horas, onde Hixinio, o guía, nos estaba esperando. Como non podiamos ir todos xuntos dividímonos en dous grupos. 


  Deixamos as mochilas nunha sala e logo fomos polos corredores, onde había moitos cadros de pintores galegos, ata a sala de recepción ou dos Reis onde Hixinio nos explicou como ía ser a visita.
 
   Primeiro vimos un video sobre a historia do Parlamento, o edificio e o traballo dos parlamentarios. Despois fomos a unha biblioteca de dous pisos, onde uns compañeiros fixeron un pequeno debate.


  A continuación visitamos a zona onde os diferentes grupos políticos teñen os seus despachos. Rematamos a visita no hemiciclo onde asistimos a un Pleno Parlamentario, onde estaban intervindo os deputados dos distintos grupos. Eles aplaudían ao rematar, nós non podiamos. Ao saír collimos un libro sobre o Parlamento, as mochilas e saímos á rúa onde se estaba concentrando xente con bandeiras para manifestarse.
 

  Percorrimos varias rúas ata chegar á biblioteca Afundación. Aproveitamos o paseo para ir merendando pois xa eran as 12 da mañá. Nunha sala a charla que nos dou Bea durou un bo rato, estaba ben e era moi educativa.
   Despois fomos á sala do libro xuvenil onde nos mostrou unha selección de libros que falaban de diversas emocións e sentimentos. O libro que nos gustou máis foi o titulado “O neno estrela”.

Lecturas pacíficas e respetuosas...día da Paz


    Coa intención de fomentar o respeto, a tolerancia, o compañeirismo, a empatía... e evitar o acoso, a violencia, o racismo, e a intolerancia, na Biblioteca expuxemos estos libros que forman parte dos nosos fondos e que tratan todos estos temas...


     Ademáis de montar a exposición destes libros, participamos (coa axuda dos alumnos colaboradores) na ambientación deste espacio que comparte todo o centro... 
















 

17 feb 2017

As fragas do Eume e Agustín F. Paz

  Os alumnos e as alumnas de 2ºA lembraron a Agustín Fernández Paz lendo o seu libro "No corazón do bosque" e realizaron un mural sobre as Fragas do Eume no que reflectiron o que averiguaron sobre este bosque orixinario poboado de castiñeiros, ameneiros e carballos. Coñeceron as especies animais e vexetais máis representativas e lembraron o incendio do 2012 que case destrue esta xoia da paisaxe galega.

    Sinopse do libro editado por Xerais: "Raquel, unha nena de dez anos, e os seus compañeiros de clase foron de excursión en autobús aos bosques do río Eume. Alí pasaron un día marabilloso. Explorando as ruínas dun mosteiro abandonado, e adentrándose no bosque para coller castañas e levalas a casa. Cando regresou, Raquel contoulles aos seus pais as aventuras, e foise esgotada para a cama. Entón escoitou uns ruídos..."  LER MÁIS+

4 feb 2017

Un blog novo en infantil

  Hoxe queremos presentarvos un novo blog do colexio. Trátase do creado pola profesora Sara na clase de 4ºA de infantil e a partir de agora estará na sección ENREDADOS para compartir con vos as actividades e o día a día dos pequenos de 3 anos.




Sirva de presentación a que fai a propia Sara na cabeceira do blog:

   " Benqueridas familias.
Quero darvos a todos/as á benvida a esta nova aventura. 
Este blogue pretende ser unha fiestra a través da cal veredes unha pequena parte do noso día a día na aula: as actividades, as rutinas, as experiencias e os afectos e emocións que se van xerando e tecendo.
E con tal fin, aquí tedes unha pequena mostra do que se "coce" na nosa aula." 
 
premer para entrar no blog