4 dic 2016

Isabel e Angeles Abelleira Premio Marta Mata de Pedagoxía 2016

   Acaba de concederse en Barcelona o prestixioso Premio de Pedagogía Marta Mata 2016 á nosa directora Isabel  e á súa irmá Angeles Abelleira  da EEI do Milladoiro polo libro Os fíos de infantil. InnovArte Educación Infantil". Un traballo que recolle algunhas das experiencias entre os máis de mil post ao longo dos seis anos de publicación deste blog que é todo un referente na educación infantil e  que será publicado en español pola editorial Octaedro, en catalán por Rosa Sensat e en galego pola editorial Galaxia.
 
Parabens ás dúas!
 
   Deixo aquí o post que elas acaban de colgar no propio BLOG INNOVARTE no que contan a súa experiencia tanto no premio como ao longo dos anos na Educación Infantil.

    E, coma sempre, podedes seguir INNOVARTE desde a ligazón no lateral dereito.

   A nova foi salindo ao longo da semana tanto na prensa catalana como na galega, nestas ligazóns: La Vanguardia , Faro de Vigo, Diari de l´Educació , e no Correo gallego así como na web de Rosa Sensat.

No hay comentarios: