20 oct 2013

PRIMEIROS DÍAS NA BIBLIOTECA

      Aínda que xa estamos a mediados de outubro non temos moitas entradas polos mesmos motivos de sempre: pouco tempo para coordinarnos os membros do equipo da Biblioteca, coa dificultade engadida de ter dous edificios separados... pero bueno, hoxe queremos compartir con vos unhas imaxes dos primeiros días. En elas están reflectidas algunhas das actividades nas que se lle presenta a Biblioteca aos novos usuarios así como as normas de uso da Biblioteca e os distintos espazos e tamén se comezan a coordinar os equipos de colaboradores para os recreos...


Click to play this Smilebox slideshow

10 oct 2013

Manuel Álvarez Torneiro

  
      Manuel Álvarez Torneiro  xornalista e poeta galego nado na Coruña no ano 1932  acaba de ser galardonado co Premio Nacional de Poesía    pola súa obra  "Os ángulos da brasa" publicado pola Factoría K de Kalandraka. Este premio, que está concedido polo Ministerio  de Educación, Cultura y Deporte é a primeira vez que e concedido a un poeta galego. O libro  “Os ángulos da brasa” xa tiña recibido o pasado ano o Premio de la Crítica Española e o  Premio Ánxel Casal de Poesía da Asociación Galega de Editores así coma tamén o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2013.

     Para saber máis  sobre Manuel Álvarez Torneiro clicade AQUÍ para entrar na Biblioteca Virtual Galega: atoparedes a  súa autobiografía, obras e novidades.

     Tamén vos poño esta breve presentación para saber máis sobre o poeta premiado.