30 abr 2013

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ NA FEIRA DO LIBRO EN SANTIAGO 2013

   

       Hoxe estivemos con Agustín Fernández Paz na Feira do Libro, na Alameda de Santiago, facendo cola para que nos asinase algúns exemplares da súa obra. A pesares do frío que facía, (agora dín que só era sensación térmica, pois non ... era FRIO!) Agustín atendeu amablemente a todos cantos alí nos achegamos, pertrechado coa súa bufanda, detrás dunha mesa chea de rotulas de cores para facer as adicatorias e parándose especialmente cos rapaces e rapazas. Do noso cole, lembrou a perfumada e impresionante entrada chea de glicinias (e por eso lle poño aquí unha foto, magoa que non teñamos moitos máis espazos verdes!). Falamos da apropiación literaria pola vía do cariño que os lectores máis novos (cando estaban en infantil e que este curso están en primeiro), lle fixeran ao personaxe do trasno Derdrín, protagonista da obra "No corazón do bosque" e que nós fixemos parente lonxano  de Leodoro... o noso trasniño lector. Moitas gracias pola licencia e pola paciencia!



28 abr 2013

FEIRA DO LIBRO EN SANTIAGO

      Hoxe inaugurouse na Alameda de Santiago a Feira do Libro. O Alcalde de Santiago, a Presidenta dos libreiros e o actor Carlos Blanco presentaron esta nova edición coa actuación da Banda de Música e a participación da Asociación do traxe galego. Carlos Blanco fixo un  monólogo cheo de humor sobre o tópico dos galegos que cando nos preguntan algo... respostamos con outra pregunta, xa que incluso o noso Himno se inicia deste xeito  "que dín os rumorosos...?".
     Logo púxose máis serio e fixo unha encendida defensa da cultura e os libros e rematou cunha emotiva lembranza de Roberto Vidal Bolaño a quen se lle adica este ano o día das Letras Galegas.


     Entre os actos previstos, hai obradoiros, contacontos para os máis pequenos, teatro, narracións, recitais,  presentacións de libros  e varias charlas entre autores editores e lectores. E o luns 29 ás 7 da tarde o noso querido Agustín Fernández Paz asinará exemplares dos seus libros
    
     Coma sempre, recoméndovos que deades unha volta pola feira, que remexades nos stands e preguntedes,  xa que en cada un deles podedes atopar libros fermosos e cheos de imaxinación... Os máis pequenos poden subir aos escanos que a editorial Kalandraka sempre ten previstos para eles, os afeccionados os libros galegos, os de arte, dixitais, infantís, literatura fantástica, de intriga, os cómics e á banda deseñada teñen tamén os seus espazos ... así que só falta que sigades o lema deste ano :

PASEN  E  LEAN !  




 

"O noso mellor tesouro é ter historias que contar, e xente que queira saber delas. Son o xeito no que , outros antes que nós, se explicaron a sí propios e nos explicaron a todos, a orixe das cousas que importan e algúns dos moitos misterios que se esconden nos profundos do universo mundo."

Roberto Vidal Bolaño
"Touporroutou da lúa e do sol"

22 abr 2013

EN ABRIL LIBROS MIL !

        
     Para conmemorar o Día Internacional do libro (23 de Abril), desde a Biblioteca organizamos un mercadillo solidario de libros usados. Todos os nenos e nenas do colexio terán a oportunidade de adquirir un libro usado do colexio a cambio da doazón de material escolar novo. Concebimos esta actividade como un acto de solidariedade e sensibilización con respecto aos problemas que está a sufrir moita xente debido á crise económica. O material recadado será doado a Cáritas de Bertamiráns.
    Queremos agradecer públicamente aos Centros de Ensino que iniciaron esta experiencia en anos anteriores polo asesoramento e apoio. E, por suposto, a toda a comunidade educativa pola colaboración desinteresada.
     
 

  Como o vindeiro luns 29 de abril remataremos o mercadillo coa asistencia do alumnado de Infantil, a partires de maio publicaremos as fotos sobre o evento.






 








21 abr 2013

INNOVARTE

    A nosa compañeira de Educación Infantil Isabel Abelleira e a súa irmá Angeles  da EI do Milladoiro, cóntannos como foi a recollida en Madrid do premio Francisco Giner de los Rios á mellora da calidade educativa que recibiron polo seu blog  Innovarte 
  Según elas "o seu blog  non é un almacén de recursos e experiencias, senón un discurso sobre a atención á infancia e un alegato sobre a educación de calidade... ler máis +

15 abr 2013

JOSÉ LUIS SAMPEDRO: O SORRISO ETRUSCO...

   Con 96 anos de idade faleceu o pasado 7 de abril José Luis Sampedro: humanista, economista, escritor, defensor das bibliotecas... Foi quen de conectar con todas as xeracións sin problema de idade xa que era un observador incansable e crítico   de todo o que lle rodeaba ... Tiña unha mente xove que asomaba a través dos ollos e do sorriso...
    O primeiro que lin de Sampedro foi "O sorriso etrusco" no que con especial sensibilidade se narra o achegamento dun aspero e duro campesiño italiano ao seu neto, cando chega a casa de seus fillos para unha revisión médica na cidade. O vello enfermo aprende a través do seu neto Bruno a sentir toda a ternura que este lle inspira e que nunca antes fora quen de expresar. 

   Cando nunha entrevista lle preguntaron porqué escribía, respondeu que por unha forte necesidade, a necesidade de expresarse ... e que cando hai anos e xa maior,  lle fallou o corazón,  dixo que se preguntara porqué  vivír?... e despois de pensalo dixo: para seguir medrando e aprendendo. E nunca parou de expresarse, de observar, de medrar e aprender... Ese é o seu legado para nós e a súa derradeira lección .






    Coa perspectiva que lle daban os seus anos podía pasar de escribir  literatura a  analizar a economía, non se separaba da realidade,  podía defender as bibliotecas,  falar do Prestige, podía indignarse pola deriva da sociedade:
       
   
    

     "Es asombroso que la Humanidad no sepa todavía vivir en paz, que palabras como competitividad, sean las que mandan frente a palabras como convivencia..."
........................................................................................................................
     "Hay una cosa que me preocupa: hasta que punto se están destruyendo los valores básicos. No hablo de derechos humanos, sino de la justicia, la dignidad, la libertad... que son constitutivas de la civilización . La barbarie es atacar los valores de la civilización"
 ....................................................................................................................... 
   
«actualmente, en Europa y fuera de ella, los financieros, culpables indiscutibles de la crisis, han salvado ya el bache y prosiguen su vida como siempre sin grandes pérdidas. En cambio, sus víctimas no han recuperado el trabajo ni su nivel de ingresos (...). No se eliminan los paraisos fiscales, ni se acometen reformas importantes del sistema. Los financieros apenas han soportado las consecuencias de sus desafueros. Es decir, el dinero y sus dueños tienen más poder que los gobiernos. ¡INDIGNAOS!, les dice Hessel a los jóvenes, porque de la indignación nace la voluntad de compromiso con la historia. De la indignación nació la resistencia contara el nazismo y de la indignación tiene que salir hoy la resistencia contra la dictadura de los mercados. Debemos resistirnos a que la carrera por el dinero domine nuestras vidas».




    Cando se plantexou que as Bibliotecas tivesen que pagar un canon por prestar os libros, Sampedro escribeu este manifesto que transcribo:

    "Cuando yo era un muchacho, en la España de 1931, vivía en Aranjuez un Maestro Nacional llamado D. Justo G. Escudero Lezamit. A punto de jubilarse, acudía a la escuela incluso los sábados por la mañana aunque no tenía clases porque allí, en un despachito que le habían cedido, atendía su biblioteca circulante. Era suya porque la había creado él solo, con libros donados por amigos, instituciones y padres de alumnos. Sus 'clientes' éramos jóvenes y adultos, hombres y mujeres. Allí descubrí a Dickens y a Baroja, leí a Salgari y a Karl May.
       Muchos años después hice una visita a un bibliotequita de un pueblo madrileño. No parecía haber sido muy frecuentada, pero se había hecho cargo recientemente una joven titulada quien había ideado crear un rincón exclusivo para los niños con un trozo de moqueta para sentarlos. Al principio las madres acogieron la idea con simpatía porque les servía de guardería. Tras recoger a sus hijos en el colegio los dejaban allí un rato mientras terminaban de hacer sus compras, pero cuando regresaban a por ellos, no era raro que los niños, intrigados por el final, pidieran quedarse un ratito más hasta terminar el cuento que estaban leyendo. Durante la espera, las madres curioseaban, cogían algún libro, lo hojeaban y a veces también ellas quedaban prendadas.
      Tiempo después me enteré de que la experiencia había dado sus frutos: algunas lectoras eran mujeres que nunca habían leído antes de que una simple moqueta en manos de una joven bibliotecaria les descubriera otros mundos.
      Y aún más años después descubrí otro prodigio en un gran hospital de Valencia. La biblioteca de atención al paciente, con la que mitigan las largas esperas y angustias tanto de familiares como de los propios enfermos, fue creada por iniciativa y voluntarismo de una empleada. Con un carrito del supermercado cargado de libros donados, paseándose por las distintas plantas, con largas peregrinaciones y luchas con la administración intentando convencer a burócratas y médicos no siempre abiertos a otras consideraciones, de que el conocimiento y el placer que proporciona la lectura puede contribuir a la curación, al cabo de los años ha logrado dotar al hospital y sus usuarios de una biblioteca con un servicio de préstamos y unas actividades que le han valido, además del prestigio y admiración de cuantos hemos pasado por ahí, un premio del gremio de libreros en reconocimiento a su labor en favor del libro.


      Evoco ahora estos tres de entre los muchos ejemplos de tesón bibliotecario, al enterarme de que resurge la amenaza del préstamo de pago. Se pretende obligar a las bibliotecas a pagar 20 céntimos por cada libro prestado en concepto de canon para resarcir -eso dicen- a los autores del desgaste del préstamo.
    
      Me quedo confuso y no entiendo nada. En la vida corriente el que paga una suma es porque:
a) obtiene algo a cambio.
b) es objeto de una sanción.
Y yo me pregunto:
¿qué obtiene una biblioteca pública, una vez pagada la adquisición del libro para prestarlo?
¿O es que debe ser multada por cumplir con su misión, que es precisamente ésa, la de prestar libros y fomentar la lectura?

Por otro lado, ¿qué se les desgasta a los autores en la operación?
¿Acaso dejaron de cobrar por el libro?
¿Se les leerá menos por ser lecturas prestadas?
¿Venderán menos o les servirá de publicidad el préstamo como cuando una fábrica regala muestras de sus productos?

Pero, sobre todo: ¿Se quiere fomentar la lectura?
¿Europa prefiere autores más ricos pero menos leídos?
No entiendo a esa Europa mercantil. Personalmente prefiero que me lean y soy yo quien se siente deudor con la labor bibliotecaria en la difusión de mi obra.
Sépanlo quienes, sin preguntarme, pretenden defender mis intereses de autor cargándose a las bibliotecas. He firmado en contra de esa medida en diferentes ocasiones y me uno nuevamente a la campaña.
¡NO AL PRÉSTAMO DE PAGO EN BIBLIOTECAS!

LECTURAS COMPARTIDAS

      Seguimos coas lecturas compartidas. Aquí temos máis imaxes dos nenos e nenas de 6º C cando andiveron contando contos polas clases dos pequenos de infantil e nas do primeiro ciclo de primaria. Foi unha experiencia moi bonita, tanto para os maiores que fixeron de contacontos (e que ían gañando confianza según pasaban polas clases), coma para os máis pequenos, que o pasaron moi ben.
Repetiremos! 



lecturas compartidas - diapositivas

11 abr 2013

Premio «Francisco Giner de los Ríos» á mellora da calidade educativa


       Queremos desde aquí felicitar de novo á nosa compañeira Isabel Abelleira (CEIP A Maía) e á súa irmá Angeles (EEI do Milladoiro) mestras de segundo ciclo de Educación Infantil (en centros de ensino público), que acadaron o Premio «Francisco Giner de los Ríos» á mellora da calidade educativa polo traballo presentado no seu blog "InnovArte Educación Infantil", segundo aparece publicado no Boletín Oficial do Estado. Este mércores acaban de recoller un dos Premios da  vixésimo oitava edición. O acto que tivo lugar en Madrid, foi presidido polo ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert e por Francisco González, presidente da Fundación BBVA que entrega os premios. 

        Según dín Ángeles e Isabel: "InnovArte non é un blog de aula, nin de centro, senón un blog profesional con vertente formativa (autoformación), que recolle as reflexións e experiencia educativa de dúas mestras de infantil, que deciden compartilas traspasando o reducido ámbito escolar grazas ás posibilidades que nos brindan as ferramentas web 2.0".

      Esta semana tamén foron recibidas polo Alcalde de Ames, Santiago Amor, que lles transmitiu as felicitacións do Concello polo premio acadado. 
       
       Como curiosidade destacamos que o curso pasado o premio para o segundo ciclo de Educación Infantil, tamén veu para un centro de ensino público de Galicia, xa que foi otorgado ó proxecto "Wikiespellos: unha wikiexperiencia de construcción de espacios colaborativos e creativos de aprendizaxe na Educación Infantil", levado a cabo por Uxía Acuña no CEIP de Aguiño, un colexio rural da provincia da Coruña. O traballo consistía na elaboración dunha wiki , unha páxina colaborativa, que inclue áreas individuais para cada neno, caixas de palabras, sentimentos, desexos e ideas, así coma recantos para ludoteca, biblioteca, discoteca e obradoiros...


7 abr 2013

LECTURAS COMPARTIDAS

     O pasado xoves 21 de marzo o alumnado de 6º C asistiu ás aulas de Infantil para dramatizarlle uns contos aos máis pequenos do cole. Foron catro grupos que percorreron as distintas aulas de Infantil representando os seguintes contos: "O gato con botas", "A bruxa Sinforosa", "Os Bolechas fan tatuaxes" e a fábula de "A formiga e a cigarra".
    Durante o segundo trimestre estiveron preparando os contos durante a "Hora de Ler" . Logo, debido ao temporal dese día, como non se podía saír ao recreo, aproveitaron para volver a facer as dramatizacións aos distintos cursos de 1º e 2º de primaria. Foi un gran experiencia, moi enriquecedora, tanto para os "oíntes" como para os mesmos "actores" e "actrices" de 6ºC que levaron unha gran satisfacción, ao ver a reacción de entusiasmo dos compañeiros/as máis peques do CEIP. A Maía.
     Estas son algunhas das fotos que fixemos ese día :