30 ene 2013

DOCTOR HONORIS CAUSA

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ (nado en Vilalba)  un dos escritores máis coñecidos da literatura infantil e xuvenil, foi nomeado DOCTOR HONORIS CAUSA  pola Universidade de Vigo. É autor de numerosos libros escritos en galego e traducidos a moitas linguas facendo que a súa voz, "coma un faro", chegue máis alá das nosas fronteiras.          
        Despois de visitarnos no colexio deixounos unha fermosa frase que hoxe temos escrita ao longo da parede da nosa Biblioteca (que leva o seu nome):
“Onde hai unha biblioteca, hai unha luz que traspasa todos os muros. Coma un faro, expande ao seu redor ondas de imaxinación e liberdade”. As Bibliotecas podemos ser faros, os lectores apropiámonos para sempre das obras leidas, que permanecen para sempre con nós ... pero a luz que poidamos transmitir pertence aos autores e creadores.
   
     
     







     O autor e dinamizador de movementos de renovación pedagóxica e defensor da lingua, ve recoñecida con este doutorado a súa achega á cultura galega. Ao longo da súa vida leva acumulados numerosos premio, por exemplo o Premio Nacional de Literatura Infantil por O único que queda é o amor, o Lazarillo por Contos por palabras,o Edebé infantil con A escola dos piratas e o xuvenil por Trece anos de Branca, o Merlín por As flores radiactivas, o premio Rañolas por Cartas de inverno, VII premio iberoamericano LIX ... 
     Nas palabras do padriño da ceremonia, o doutor da Universidade de Vigo, Xosé Henrique Costas, nomeouse doctor Honoris Causa a Agustín "polos seus méritos vitais, literarios, humanísticos e universais; por ser un narrador elegante e comprometido coa defensa da lingua; por ser unha persoa coherente que buscou transformar a sociedade desde a escola pública e se implicou na vangarda da renovación pedagóxica; por ser un dos narradores galegos máis universais, un dos mellores facedores de lectores, coñecido dentro e traducido fóra, por ser un exemplo de ética e dinamismo ao servizo da terra nosa e da terra enteira…”.
      "A súa obra é vizosa, é galega, é excelente, é recoñecida e é universal".
      
    
     







     Ainda que comezou de perito industrial mecánico, Agustín Fernández Paz pronto se decatou do seu amor polos libros, ensinando ou escribíndoos, xa que foi Mestre de ensino primario e Licenciado en Ciencias da Educación e traballou como profesor de EXB e ao longo dos anos acumulou unha extensa obra da que podemos ver unha reseña na propia páxina do autor si clicades AQUÍ. ou na imaxe que puxen ao final de esta entrada.
     Nas mesmas palabras de Agustín  “Escribir é como un acto de rebeldía, como un acto de amor. Escribir co desexo intenso de crear algo que antes non existía. E ser consciente de que aramos sobre os mortos desta terra, de que a nosa escrita se alimenta da dos autores que nos precederon ... coa conciencia de que só se pode ser universal desde a asunción das propias raíces”.
No seu discurso de aceptación (clica!) fixo seis importantes LEMBRANZAS:

"LÉMBROME da creación do mundo,
LÉMBROME dos libros que lin,
LÉMBROME da inesquecible descuberta de que había libros escritos en  galego,
LÉMBROME do poema «Un paso adiante e outro atrás, Galiza  e a tea dos teus soños non se move.»
LÉMBROME dos libros que levo escritos, en especial dos de ficción,
LÉMBROME  da miña dona  e da a miña filla, elas sostéñenme e danlle sentido á miña vida"


Obras de Agustín Fernández Paz

29 ene 2013

Roberto Vidal Bolaño

      Este ano a RAG (Real Academia Galega)  adícalle o Día das Letras Galegas ao escritor  Roberto Vidal Bolaño. Precísanse  moitas palabras máis para intentar definir a Vidal Bolaño: nacido en Santiago, iniciose na vida laboral como administrativo, foi  autor, actor, doblador, director de sala e director artístico, adicouse ao teatro en todos os seus aspectos ... Toda unha vida adicada a diversos oficios e aficcións. Un ano para homenaxear a Vidal Bolaño  non é abondo para explicar a traxectoria humana e profesional dun home de múltiples facetas cunha enorme necesidade de formación e ansia de enriquecemento artístico e cultural.

27 ene 2013

Lembrando a Valentín Paz Andrade

    Como iniciamos un ano novo, quero deixar aquí a entrada adicada a Valentín Paz Andrade que tíñamos nunha das nosas páxinas. Este ano o homenaxeado pola REAL ACADEMIA GALEGA será o compostelán Roberto Vidal  Bolaño. En próximas entradas ao longo do curso  tentaremos achegalo aos nosos alumnos. 

   A Real Academia Galega (RAG) homenaxeou durante o ano pasado no Día das Letras Galegas ao político, xurista e escritor pontevedrés Valentín Paz Andrade (Lérez,1898-Vigo,1987).  Os membros da  Academia valoraron así a súa traxectoria «como creador, periodista, empresario e, sobre todo, como home comprometido co país e coa lingua» e destacaron asimesmo «a súa tremenda contribución á modernización do periodismo en Galicia». 

         RECURSOS E INFORMACIÓN :

        UNHA PEQUENA BIOGRAFÍA:

       Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago no 1981, Paz Andrade achegouse ao movemento galeguista durante a súa etapa de estudante. No inicio da súa traxectoria profesional, foi director do xornal galeguista Galicia entre 1922 e 1926, ano en que foi pechado pola dictadura do xeneral Primo de Rivera. Despois da caída do réxime, presidiu o Grupo Autonomista Galego (1930) e, xunto con Castelao e Ramón Cabanillas, foi candidato ás Cortes Constituintes no 1931 e membro activo do Partido Galeguista, do que foi nomeado secretario xeral tres anos despois.
 
      Durante a  Guerra Civil, Paz Andrade axudou a fuxir e defendeu a moitos intelectuais galeguistas. A súa actividade política e a publicación dalgúns artigos propiciaron que fora detido en diversas ocasións.
       As súas colaboracións foron frecuentes nos xornais El Pueblo Gallego, Faro de Vigo e en La Noche.

escultura na praza de San Xosé en Pontevedra

       
     Os seus textos literarios, históricos e económicos reflicten a súa preocupación polo progreso e avance de Galicia   O escritor e político pontevedrés tamén cultivou o xénero poético, deixando achegas como Soldado da Morte (1921); Pranto Matricial (1954) ou Cartafol de Homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1985).. Entre os seus títulos máis coñecidos figuran Galicia como tarea (1959), La anunciación de Valle Inclán (1967), La marginación de Galicia (1970) ou Galiza lavra a sua imagem (1985). Entre os seus compañeiros de tertulia en Vigo estaban os irmáns Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez e os pintores Laxeiro e Carlos Maside, entre outros.

       Foi director de revísta Industrias Pesqueiras. Avogado de prestixio en Vigo, foi un dos impulsores do grupo industrial Pescanova, que converteu na primeira compañía armadora europea de buques conxeladores, e da que foi vicepresidente (1960). Traballou tamén como técnico da FAO, coa que participou en diversos congresos e seminarios, e para a que publicou o primeiro tratado sobre Principios de economía pesqueira (1954). Ademais, foi o primeiro especialista español proposto por esta organización para misións internacionais en Hispanoamérica.
         Coa chegada da democracia, a súa labor política volveu ser importante, chegando a ser elexido senador por Pontevedra nas eleccións do 1977.  Morreu en Vigo en maio do 1987.
       Para  coñecer máis detalles da súa vida e obra podemos consultar o artigo da    Wikipedia





  • «Dada la identidad estructural que conservan el portugués y el gallego, recíprocamente inteligibles. Se trata de una lengua con la cual pueden entenderse hoy millones de personas, aunque lo hablen con distinto acento o escriban de forma diferente cierto número de vocablos. En el cómputo se comprenden las poblaciones de Galicia, Portugal con sus colonias, y Brasil.  El mapa del idioma de Camóes y Rosalía se extiende a cuatro  continentes." (está citado de Galicia como tarea (1959). Buenos Aires.  Ediciones Galicia. )











  • Estatuas de  Alexandre Bóveda (1903-1936), Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950), Manuel Quiroga (1892-1961 [con violin]), Valentín Paz-Andrade (1899-1987), Carlos Casares (1941-2008) e Ramón Cabanillas (1876-1959), realizadas polo escultor  César Lombera na praza de San Xosé de Pontevedra
    ..........................................................................................................

    24 ene 2013

    FINA CASALDERREY : UNHA ACADÉMICA LIX NA RAG

          A Literatura Infantil e Xuvenil está de noraboa: Fina Casalderrey, docente e escritora, será a quinta muller académica na Real Academia Galega.  A escritora,  gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 1996, e foi candidata en dúas ocasións ao Premio Astrid Lindgren (chamado o "Nobel de la literatura infantil")  otorgado cada ano polo goberno de Suecia a un autor de literatura infantil e xuvenil, a un ilustrador ou a un promotor da lectura, de calquer país do mundo.
     
       Cito aquí o artigo  publicado  pola  : "A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numerariaCon Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
           Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!".
     
    para saber máis de Fina Casalderrey clica aquí
          Un anaco da súa biografía contada por ela mesma na súa páxina persoal:  "Nacín en Xeve (Pontevedra). A miña infancia desenvolveuse entre Xeve e Lérez (onde vivo actualmente) nun ambiente rural que paulatinamente vaise facendo semiurbano, urbano... Xa case non falamos entre a veciñanza, polas mañás mestúranse os trinos dos paxaros coas bucinas e rouquéns dalgúns coches... O saco da miña nenez está cheo de vivencias, para min, entrañables.
           Cando aprendín a utilizar a palabra, pedín unha irmá. Insistinlles moito a meus pais para que fosen á feira a comprarma antes de que se esgotasen as mellores. Tardaron case oito anos en me facer caso, pero á fin trouxéronma e fun a nena máis feliz do mundo... ler máis + 

    16 ene 2013

    Scoop.it! das Bibliotecas Escolares de Galicia

          Desde hoxe imos ter unha nova ventá  na Biblioteca, trátase  do  Scoop.it! das Bibliotecas Escolares de Galicia . Esta ventá ábrese na columna dereita, baixo o listado de Enredados na Maía cos blogues do colexio. Con esta ferramenta as BIBES pretenden a "difusión de informacións, actividades e propostas relacionadas coas bibliotecas escolares de Galicia e transmitir outras informacións deste ámbito". O  Scoop.it!   é unha ferramenta gratuita que nos permite facer unha revista dixital, engadindo, organizando e compartindo contidos. Póñovos aquí un interesante post feito por M. del Mar Paredes no que nos explica como facer o noso propio scoop.it!

    9 ene 2013

    "InnovArte Infantil" premio Francisco Giner de los Ríos


        A nosa compañeira de Infantil Isabel Abelleira e a súa irmá Ángeles Abelleira (do CEI do Milladoiro), acaban de recibir  polo traballo realizado no seu blog  "Innovarte Educación Infantil",  un  prestixioso recoñecimento educativo de ámbito estatal, o premio Francisco Giner de los Ríos,  que por segundo ano consecutivo ven  para Galicia. Este galardón otórgase a traballos e experiencias pedagóxicas de profesores  pola mellora da calidade educativa.
          
         Noraboa polo premio!


        Para os que aínda non coñezades o blog, Isabel e Ángeles seguen un esquema no que teñen as entradas clasificadas según varias categorías:  
     
    -ActualizArte: publicacións, artigos e  blogs relacionados coa etapa infantil
    -AlfabetizArte: experiencias referidas ao traballo coa escrita.
    -CautivArte: actividades relacionadas coa arte, con artistas e sobre a experiencia plástica e artística.
    -ContArte: publicacións de literatura infantil.
    -EmocionArte: actividades que inciden nos aspectos emocionales.
    -EncienciArte: intervencións de aula coa ciencia
    -FamiliarizArte: apartado que contempla información de interés para as familias.
    -FormArte: oferta formativa para os profesionais da etapa
    -InformArte: noticias de actualidade na educación infantil.
    -LegislArte: análisis da lexislación
    -MirArte: centrado na alfabetización visual.
    -MusicArte: experiencias de aula e recursos relacionadas coa música.
    -PremiArte: convocatorias de premios
    -RebelArte:  contra  inercias  nas prácticas escolares ou na conciencia ciudadana sobre a infancia.
    -TicArte: aplicacións informáticas, recursos web, o experiencias de aula que contemplen o uso das TIC
    -VisionArte: vídeos de aplicación educativa
    -Recomendarte:  publicacions da Xunta de Galicia dirixidas a profesorado de educación EI
    -Gallego: acceso ao blog en lingua galega.
    -LegislArte: enlaces á lexislación en vigor en Galicia para la etapa infantil.