20 nov 2012

LIBROS CENSURADOS E PROHIBIDOS

       A semana pasada conteivos a historia Malala, a nena pakistaní , tiroteada polos talibáns polo delito de escribir un blogue no que pide o dereito a educación para as nenas.
       Que unha nena sexa obxectivo a eliminar, indica o medo que lle teñen os intolerantes aos que teñen a capacidade de pensar por si mesmos e expresar as súas ideas.
       As ideas poden ser moi perigosas para algúns e sobre todo se están impresas nos libros. Ao longo da historia, temos exemplos de censuras e prohibicións. Podería parecer que a literatura infantil e xuvenil estaría fora das listas dos intolerantes e censores... pois non!
    
     Un día buscando material para os máis pequeniños atopei "LA LINEA", un "sinxelo"  contiño sobre as posibilidades tanto gráficas como motoras dunha simple liña. Entereime tamén de que ese libro fora considerado perigoso e subersivo pola dictadura arxentina ... e deume por buscar algo máis.

       











    
Esta é unha pequena escolla de libros que en algún momento foron incluidos en esas listas negras e os motivos que argumentaron os intolerantes. Sorprende ver os libros incluidos e aínda máis os motivos!





 E AGORA  VEREDES PORQUÉ A LIÑA É UN LIBRO SUBERSIVO  E PERIGOSO!!!




5 nov 2012

MALALA: UNHA HISTORIA DE MEDO E VALOR.

     Estamos no Samaín, no tempo dos medos, e esta que vos vou contar  é unha historia de medo: o medo que algunha xente lle ten a deixar que outros pensen pola súa conta,  o medo á cultura... o medo á liberdade. 
        Tamén é unha historia de valor, a historia de Malala Yusafzai ( ملاله یوسفزۍ) unha nena pakistaní de 14 anos que se atreveu a escribir un blogue contando a vida  no seu pobo,  onde os talibáns lle teñen prohibido ás nenas ir a escola....

        En octubre, cando voltaba da escola para casa con unhas amigas, Malala foi tiroteada por un talibán ... precisamente na cabeza, o instrumento que ela usa para loitar polo seu dereito a pensar e polo dereito a educación das nenas. A pesar das tremendas feridas, Malala non morreu e estase a recuperar lentamente nun hospital inglés, aínda que terá que ser operada moitas veces.
          
         Esperemos que a loita de Malala, o seu valor e coraxe, nos faga máis concientes da sorte que temos de nacer onde nacemos e  das oportunidades das que disfrutamos, xa que calquera de nós podía ser Malala. E por eso mismo temos a obriga de apoiar e axudar aos demais a alcanzar os plenos dereitos como persoas.
                                                   
                                                       PENSAR  NON  É  UN  DELITO !
                                           TER  DEREITO  A  APRENDER  TAMPOUCO!



 escolas de nenas con todo o material de que dispoñen...

Un pobo que non pode aprender a pensar será un pobo sometido. 
   Un libro pode ser unha arma moi poderosa: unha arma contra a ignorancia e a escravitude. 
       Por eso temos que encher as nosas cabezas de armas contra a ignorancia...
          Os ignorantes e intransixentes ténenlle tanto medo a unha nena de 14 anos que lle pegaron un tiro! 
                Si Malala pode, todos podemos!



unha escola de nenas
bombardeada polos talibáns
 
Malala cando foi tiroteada